Trala consulta realizada ós interesados en participar na celebración do aniversario da nosa promoción, os resultados foron os seguintes:
Primeiro: Ramón Villares, con21 votos
Segundo: Vázquez Varela ,con 12 votos,
Terceiro: Xosé M. López Vázquez Garabal,con 11 votos.
Nos próximos días habémonos de poñer en contacto co primeiro para intervir no acto cunha lección maxistral (ou algo polo estilo); se declinase participar, falaríamos cos demais, por esa orde, ata que xurda un que acepte e a quen, en agradecemento, invitaremos a xantar.
Este acto académico terá lugar no Paraninfo da Universidade que, como saberedes, está na Facultade de Xeografía e Historia e nel intervirá tamén o Rector da USC (ou un vicerrector, na súa representación) e máis a Decana da Facultade, a quen, por cortesía, invitaremos ó xantar.
Grazas a todos pola participación e as suxerencias feitas a propósito de dito acto, moitas das cales serán tidas en conta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario