Inesquecibles momentos
Aproveitando este espazo aberto que nos proporciona a tecnoloxía, abrimos esta páxina para informar dun acontecemento como é a celebración do XXV aniversario da promoción de 1982 de Xeografía e Historia.
Nesta ventá queremos achegar as noticias que se vaian producindo sobre os preparativos destas “vodas de prata”, atisbar ideas para este evento e así facernos todos partícipes do discurrir ata atoparnos no encontro.
Alá polo ano 1982 saia da universidade unha nova colleita de xeógrafos e historiadores dispostos afrontar unha nova realidade completamente descoñecida. Vai a facer 25 anos que partimos, a maioría sen saber moito para onde para chegar a onde estamos. É por ilo que despois de tan largo recorrido sería una ledicia neste punto do camiño reencontrarnos con toda a carga de experiencias despois de semellante periplo. As aventuras de Breogán, as peripecias de Xelmirez, os recordos de Xan o Xordo, as experiencias de Sarmiento, as heroicidades de María Pita ou mesmo as vivencias de Otero Pedrayo pouco teñen que envidiar as que moitos compañeiros nos poderian contar deste cuarto de século.
En fín, 25 anos para lembrar que un bo día tivemos a ocorrencia de meternos nas aulas dunha facultade moi memorable que se enchía atas os topes para asombro dos seus moradores. Chegaba a remesa dos anos 60 para abrir unha nova etapa na vida dunha universidade na que se atisbaban novos tempos.
Serva isto de introito para invitar e animar ós compañeiros para a celebración dese XXV aniversario que será irrepetible.
Volvendo no tempo
Aqui están unhas fotos para recordar un entorno cheo de tempos moi nosos.Todos atopamos momentos inesquecibles mirando por aquelas fiestras en tanto polos pasillos discurría o barullo das entradas nas aulas, os descansos para fumar o hoxe prohibido ou sinxelamente deixar os ollos descansar e vagar polos muros de pedra e aquela fonte no centro do mundo.
Cada un de nós ten moitos pensamentos sentados na biblioteca, perdidos naquelas mesas con apuntes e libros, ausentes nas miradas ao infinito, e outros moitos vivos en encontros atopados.
Animámosvos a que nos mandes fotos para o recordo e así poderemos todos voltar un pouco a o noso paso por aquel tempo en feliz compaña.