17 abril 2007

ENQUISA PARA ELECCIÓN COMPAÑEIROS DE MANTEL, MENU E RECORDO

Os organizadores da comida da promoción de Xeografía e Historia imos realizar un rápido inquérito sobre o menú que a maioría prefire, os compañeiros/as de mesa e o tipo de recordo.

Como nas anteriores ocasións nas que realizamos algunha enquisa, se che serve calquer elección das distintas opcións, non tes que contestar. No caso de queiras expresar a túa preferencia, ten que ser antes do día 25 de abril, porque a fin de mes queremos comunicar a todas as persoas que van asistir o montante do que a cada unha lle falta por ingresar.

Suxerimosche que na túa resposta indiques o teu nome, menú elexido, compañeiros de mesa e se eres favorable ou non ó recordo.

Envía:
  1. por correo electrónico a xmarinho@edu.xunta.es
  2. mediante unha mensaxe no meu nº de móbil 651.484593
  3. ou mo comuniques directamente no 981-850441.
Empezamos por:

COMPAÑEIROS DE MANTEL

Para que sexa unha data do maís memorable, vamos intentar que poidamos sentarnos con aqueles compañeiros cos que compartir batallas. Ante a limitación que nas mesas ás que nos imos sentar para a comida só caben oito persoas, solicitámosche que elixas de entre todas as que confirmaron a súa asistencia catro compañeiros que che gustaría estar acompañado. Intentaremos que polo menos estean ó teu lado tres deles e, por suposto, a primeira das que elixas. Mira na sección de Reseña de compañeiros, que tes no menú lateral dentro de Portas Abertas.
Lembra que a túa resposta a de serantes do día 25 de abril.
O MENÚ

Elixe un menú entre os cinco que propoñemos. Pero hemos de advertir que non se trata de que cada un/ha vaia comer o menú polo que vote (pois non é unha comida á carta), senón que pediremos para todos o menú que reciba máis votos. Son os seguintes:

Nº 1.Vieira ó alvariño. Entrecot braseado. Mousse de chocolate (72 €)

Nº 2. Crema de nécoras. Solomillo en salsa de uvas. Mousse de chocolate (74 €)

Nº 3.Vieira braseada. Lubina en lomos. Mousse de chocolate (77 €)

Nº 4.Vieira braseada. Rodaballo braseado. Sabarín de queixo (80 €)

Nº 5.Ragut de Lubrigante Merluza braseada. Salteado de pera e mazá (88 €)


Todos inclúen cóctel con aperitivos (croquetas de marisco, canapés, etc) e viño albariño ou rioxa e, despois da comida, café, infusións e licores (non whisky nin brandy nin cava nin combinados).

Tamén é posible pedir un menú vexetariano ou un especial para persoas con algunha dieta determinada.

O RECORDO

Para rematar, gostaríanos que da celebración quedara un recordo material memorable, polo que propoñemos facer un álbume con todas as fotos que daquela época nos fostes mandando. Este vale 10 € e nel incluiríase (nunha solapa, non impresa, porque non daría tempo) a foto que nos fagamos todos/as xuntos ó pé da escalinata da Facultade o día do aniversario. Se esta proposta non é do teu agrado, dinos que non a queres e que prefires unha cousa diferente (se tes algunha outra idea dínola, por favor). Se a maioría dos que votedes vos decantades por un tipo de recordo distinto, veremos de mirar algún outro obxecto que vos satisfaga.
Lembra que a túa resposta a de ser antes do día 25 de abril.
Ata moi pronto.