UN ANACO DE TEMPO ENCANTADO
1977-82
Polo ano 1982 saia da universidade unha nova colleita de xeógrafos e historiadores dispostos a achegarse a beira dunha realidade certamente descoñecida.
Xa fai 25 anos que partimos, a maioría sen saber moito hacia onde, para chegar a onde estamos.
Cada quen dende o seu outeiro nesta volta do camiño olla no horizonte pasado siluetas de momentos vividos que se asoman nas miradas eternas duns perfiles debuxados nun instante.
Recordos dunha cidade vella pintada de xuventude, con rúas nas que ó pisar se poden oír os latexos da vida: berros de loitas esmorecidas, tamén medos dun febreiro gris adormecidos nas tascas ledas do Franco molladas de ribeiro. Regueiros novos nados na praza vermella corrían enchidos de razóns ata ó seo do Obradoiro querendo mover ceo e terra.
Moitos outonos izados de chegadas de volta perdidos en recunchos, paseados pola Alameda, mesturados en coñecementos de empezos de iniciativas novas.
Tardes de inverno na facultade con aulas atanguidas primeiro, despois menos, con anchos pasillos de pancarta, de barullo ou remanso do fume hoxe prohibido. Amplas fiestras deixaban os ollos descansar e vagar polo patio ata a fonte do centro daquel mundo.
Canto tempo agochado na biblioteca, esvaido naquelas mesas con apuntes e libros buscados, esperados e desesperados. Miradas ausentes no infinito enlazaban desexos e anhelos de encontros de príncipes e princesas máis ala do summa artis.
Cantos cafés en esquinas con olor a fotocopia, sustentos de alivio, paraísos de sons de rock ou folk con xuntanzas de esperas largas nun tempo sen presas, días intemporais no que o futuro parece esperar e non ten presa por chegar.
Cantas primaveras enchidas de ilusión que agromaban as ansias de rematar un capitulo para o inicio dunha nova aventura.
Xeógrafo de paisaxes con batín branco e Historiador aventureiro con pasado empolvado de misterios, apasionado do mundo de cores e formas entalladas no aire.
Son pensadores do futuro, que chegado, votan a ollada atrás e lembran o camiño de subida ó outeiro.
Dende o noso Pedroso a paisaxe mudou e nosoutros mudamos, aínda que mantemos o espírito daqueles momentos compartidos e que hoxe, andado un cuarto de século, rememoramos entre os muros deste Pazo de San Lorenzo un 26 de maio do ano 2007
(Autor: Fernando García Pazos)
MESA I (10)
Elisa Pérez
Antonio Martínez
Charo Cullell
Emilia Saavedra
Nieves Rodríguez
Salvador Santos
Bríxida Pino
Chus Paz
Margarita Álvarez
Ángeles Guede
MESA II (7)
Ramón Méndez
Severino Fernández
Fernando García
Gonzalo Méndez
Alfonso Álvarez
Enrique Martínez
Xosé Mª Fernández
MESA III (10)
José Álvarez
Gabriel Quiroga
Anxo Doval
Marga Aranda
Ángel S.Hermosilla
Rosa Linares
Blanca Martínez
Alexandro Vázquez
Ana García
María Busto
MESA IV (7)
Alfonso González
Luis M.Risco
Susana Vázquez
Juan C. Hermida
Dolores Camba
Aurora Artiaga
Dolores Pedreira
MESA V (11)
Marisa F. Bal
Mercedes Salvador
Eusebio Rey
Rosario Valdés
Luis G. Cuntín
Isabel Nogueiras
Joaquín Perales
José R. Pavón
Nieves Martínez
Carmen Ansede
Rosa Martínez
MESA VI (10)
Gracia de Frutos
Dora Grandío
Consuelo Meiriño
Marina García
Teresa Cabana
Eva Barreiro
Teresa Criado
Nuqui Chamochín
Felipe Criado
Mar García
MESA VII (9)
Rocío Sánchez
Marta Viana
Matilde Mateo
Fina Gallego
Concha Goyache
Gracia Freire
Lali Vizoso
Coral Rodríguez
Sofía Riestra
MESAVIII (9)
Inmaculada Pena
Alfonso Mugüerza
Mª Cruz Bangueses
Marga Rueda
Xoán Mariño
Olga Casal
Lucila de Ramón
Luisa Sanz
Marga Ferreiro
MESA IX (8)
Lourdes Pérez
Uxía Valenzuela
Asunción Méndez
Marta Bouzas
Fran Méndez
Elisa Fernández
José Rey
Raimundo Méndez