29 julio 2009

Unha noticia triste. Un derradeiro sorriso.

Hoxe publícase na Voz de Galicia a esquela que dá conta do falecemento en Madrid da nosa compañeira de promoción Ana Astray Goicoechea, que xa hai algúns anos que padecía cancro.
Na mesma dase conta da celebración dunha misa de funeral que se vai celebrar o próximo xoves na Coruña, de onde era orixinaria, por se queres acudir a renderlle unha despedida.
Se cres na resurección, pide por ela, se non, adicalle un recordo por un momento.

Na foto, feita no seu día na porta da facultade, Ana aparece sentada en primeira fila.





Un saúdo, triste, nesta ocasión, porque era da miña especialidade de Arte moderna e contemporánea.


Xoán X. Mariño.