Prezados amigos/as:
Unha compañeira de promoción, Margarita Vila da Vila, que vive en América desde fai moitos anos dando clase na Universidade da Paz, vai visitar Compostela a próxima semana para impartir unha charla sobre arte virreinal e as súas relacions co do medievo.
Se desexades (e podedes) pasar a saudala, vai ser o próximo martes 18 de xaneiro ás 5 da tarde na nosa querida facultade .
Un cordial saúdo
Xoán Mariño