16 noviembre 2011

Premios ao profesorado galego pola creación de novos contidos dixitais

Os profesores e profesoras galegas que, no marco do Proxecto Abalar, decidiron botar unha man na implantación das TIC no ensino e crear contidos dixitais de seu para usalos nas aulas, veñen de obter o seu merecido recoñecemento da man da Xunta de Galicia, que fixo entrega hoxe dos seus Premios ao Desenvolvemento de Contidos Educativos Dixitais.


Trátase da primeira edición duns galardóns creados para recoñecer o traballo desenvolvido por mestres e mestras galegas na elaboración de novos contidos didácticos e que, ao mesmo tempo, tentan promover a creación de máis materiais dixitais para usar nos centros educativos galegos.

Se queredes máis información sobre a noticia podedes leela en Codigo Cero