O noso compañeiro Moncho Méndez encargarase da organización do evento para o que contactou co Restaurante - Tapería A Batea para pedir presupostos, que remitiremos a todos os interesados/as para elexir un menú democraticamente (salvo dietas especiais).
Así meñsmo é posible que rememorando tempos de inquedanzas, poidamos poñer unhas imaxes (media hora de duración aproximadamente) do conflicto que houbo en Santiago polos pisos cando nós estabamos alí estudando: asembleas, concentracións, actos lúdicos, manifestacións... entre as que, con seguridade, aparezamos moitos de nós. Estas imaxes úsanas na Facultade de Periodismo e estannas dixitalizando para pasárnolas.
Aquí deixevos un video que nos retrotrae aquelas épocas estudiantiles. Son aos que nos iriamos a sustituir no tempo, nesas inolvidables sentadas ao sol na Quintana.
Se estás interesada, escribe a este correo á maior brevidade ou cháma ao teléfono 634.416.574, para indicarche onde queda o sitio, a hora, os menús e se hai que che buscar un lugar para dormir.
Unha afectuosa aperta.
Xoán X. Mariño.