03 junio 2014

XUNTANZA NO PORTO DE VILAGARCIA DE AROUSA


O noso maestro de protocolo, Xoán Mariño, fai saber que:

 PROGRAMA 
XUNTANZA VILAGARCIA DE AROUSA 2014

  • 14:00 horas: Reunión. Cafetería "La Marina"
    • Para os que chegen antes
    •  Avda. de la Marina nº 50, La Alameda - 36600 Villagarcía de Arosa Telf.: 986 50 90 04
    • Cafetería La Marina

  • 14:300 horas: Comida. Restaurante - Tapería A Batea de Vilagarcía 
    MENU
    • Entrantes (xamón, calamares, pulpo, langostinos ao vapor, ameixas), 
    • Sorbete de limón
    • Rodaballo da ría,
    • Postre e café
    • Bebidas as necesarias e correspondentes.
    • PVP 40 €. 
Non poderemos proxectar, como tiñamos pensado,  unhas imaxes tomadas durante o "conflcto dos pisos" do ano 1980, pois na Facultade de Periodismo, onde as utilizaban de material didáctico hai uns anos, non as poideron atopar. Esperamos poderlle facer unha copia cando aparezan e disfrutar delas na proxima ocasión.


Para non perderse


Cafetería "La Marina",  que queda na rúa do mesmo nome, fronte ó porto (hai unha terraza cuns plátanos e ten un toldo granate -hai varios xuntos-).

 Para chegar alí, se vas pola autoestrada debes sair no indicador de Vilagarcia e seguir cara ó centro ata ver os indicadores do Porto e xa está todo moi cerca.
Se vas pola estrada é o mesmo; hai indicadores de Vilagarcia por dous sitios distintos, pero ambos levan ó mesmo lugar: o Porto deportivo (explanada do Ramal). .

O que aparque cerca do porto xa non ten que mover o coche, pois o restaurante e a cafetería, están moi preto e vaise andando desde ó aparcadoiro.


Para aqueles viaxeiros indícovos unha páxina na que nos acerca a Vilagarcía de Arousa e os seus recunchos na paxina de Mininube.com - Vilagarcía (pincha)-


Si non vos queredes perder indicar a dirección neste mapa e nun momento vos indica o lugar

Para os despistados
Mapa para non perderse (pincha aqui)

Unha aperta e ata o sábado.

05 mayo 2014

XUNTAZA 2014 EN VILAGARCIA DE AROUSA

A próxima reunión da promoción do 82 de Historia ímola celebrar, de novo, cunha comida que terá lugar o sábado 7 de xuño en Vilagarcia. 








O noso compañeiro  Moncho Méndez encargarase da organización do evento para o que contactou co  Restaurante - Tapería A Batea para pedir presupostos, que remitiremos a todos os interesados/as para elexir un menú democraticamente (salvo dietas especiais).



Así meñsmo é posible que rememorando tempos de inquedanzas, poidamos poñer unhas imaxes (media hora de duración aproximadamente) do conflicto que houbo en Santiago polos pisos cando nós estabamos alí estudando: asembleas, concentracións, actos lúdicos, manifestacións... entre as que, con seguridade, aparezamos moitos de nós. Estas imaxes úsanas na Facultade de Periodismo e estannas dixitalizando para pasárnolas.


Aquí deixevos un video que nos retrotrae aquelas épocas estudiantiles. Son aos que nos iriamos a sustituir no tempo, nesas inolvidables sentadas ao sol na Quintana.




Se estás interesada, escribe a este correo á maior brevidade ou cháma ao teléfono 634.416.574, para indicarche onde queda o sitio, a hora, os menús e se hai que che buscar un lugar para dormir.


Unha afectuosa aperta.

Xoán X. Mariño.

11 julio 2013

 Este ano a reunión da promoción tivo lugar en Ferrol o día 1 mes de xuño.  A carón da ría desfrutaron como intelectuais e mergulláronse nas esencias da terra.

A ría de Ferrol protexida nas suas marxes polos seus castelos

 Os compañeiros acudiron a Ferrol e visitaron o Castelo de Palma, que foi punto de encontro  antes de acometer o ágape. En semellante contexto,  con vocación de rumiantes de belas historias encerradas entre muros, deixáronse levar pola emoción do momento.
As princesas do castelo asomadas ao balcón

Visita ao Castelo. Rememorando andanzas e chanzas.
 Coñecedores das riqueza destes lugares, souberon como poucos apreciar e gozaron dos froitos do mar e da terra. Vive deus que deron boa conta das excelencias da paisaxe.



Froitos do mar. Anónimos.

Nin que dicir ten que a figuras tan insignes déuselles un recibimento de señores, pois houbo festa rachada con gaiteiros pertecentes ao insigne Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Pasmense as suas mercedes.

Os gaiteiros no momento da súa actuación. Impresioantes.


Parabéns a organización da xuntanza que deixo un día para a lembranza.

Compañeiros nun momento da festa
Ata o ano que ven. Esperemos estar todos os que estivemos, e todos os que querendo non puideron acompañarnos.

Unha aperta para todos.


Maestro gaiteiro na súa despedida
Maestro gaiteiro na súa despedida








19 junio 2012

XUNTANZA EN COMPOSTELA 2012

Un ano máis nos reunimos os mellores da promoción. Nesta ocasión foi en Santiago de Compostela nun restaurante no mesmo corazón desta singular cidade.

Ante a importancia desta xuntanza os medios de comunicación fixeronse eco. O xornal da propia cidade quixo deixar constancia de tan honorable reunión. Así no diario do martes 19 de xuño de 2012 aparece unha reseña ao noso evento.