De Arte son: Conchita Goyache, a primeira de pé pola esquerda, que actualmente traballa na administración de Xustiza de Madrid, Coral Rodríguez, a terceira arriba, que na actualidade dá clases na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, a continuación Mª Carmen López, de quen non sabemos nada, seguida de Lali Vizoso, que cremos que vive en Ferrol, Celia Bugarín, de Tui e casada con outro compañeiro de promoción (Rafa García) e o propio Ángel Zamora, abaixo, no medio, que ó día de hoxe vive en Asturias.
De Xeografía están unha chica, a segunda pola esquerda, que nos parece Mª Lita Lago, de quen tampouco sabemos nada, Ramón Méndez, o quinto arriba, un mestre que fixo o curso de adaptación e hoxe vive en Pontevedra, e, abaixo, o primeiro pola esquerda, José Alfonso Álvarez (coñecido entre os compañeiros como "Pepiño de Verín"), que cremos dá clase nun instituto de Ponteareas e, finalmente, sentada á dereita, Ana Astray Goicoechea da Coruña.
Comentario de Xoán Mariño.
Un tempo para rememorar lembranzas de tempadas de inverno nun ambiente mollado pola ledicia de prepararse para o futuro disfrutando aquel presente que hoxe vemos perdido no pasado. Xa pasaron 25 anos da promoción do 82 e queremos celebrar os 50 anos.
02 junio 2006
Angel Zamora e compañeiros
Esta foto, enviada por Ángel Zamora, foi realizada na porta da facultade de Historia no último ano de carreira. Nela aparecen varios compañeriros e compañeiras da especialidade de Arte Moderna e Contemporánea e varios máis de Xeografía.