Vos queremos informar que por maioría decidíuse que o aniversario da promoción vaise a celebrar cun xantar. Pero, dónde...?
Para tomar tal decisión os organizadores visitamos unha serie de restaurantes nos que se valorou sobre todo que ofreceran unha capacidade para máis de 100 persoas, unha situación cómoda para todos e un lugar con suficiente atractivo digno da celebración de tal acontemento. Neste senso, consideramos os seguintes lugares como os maís axeitados: Convento de San Francisco, Hotel NH Obradoiro, Pazo de San Lorenzo e Hostal dos Reis Católicos. De todos estos o Covento de San Francisco queda descartado por estar ocupado tódolos sábados de maio e xuño.
Vos proñemos que participades na elección do lugar polo que procederemos a a realizar un rápido inquérito sobre os seguintes restaurantes:
Hotel NH Obradoiro

O Hotel NH Obradoiro situado no centro da ciudade, fronte ao Auditorio de Galicia, nunha extensa zona axardinada e a tan só dez minutos a pe da Catedral de Santiago. A arquitectura do hotel foi realizada polo estudo “Aranguren + Gallegos”. O edificio presenta unha arquitectura de vanguarda, a súa forma de “U” permitelle abrazar unha gran praza central e consegue fundirse perfectamente coa paisaxe. A decoración interior, realizada polo “Atelier de Catherine”, caracterizase polo seu aspecto intimista, hasta nos detalles buscase a orixinalidade e a distinción.
Proposta de menú
- Entrantes (xamón ibérico, foi e langostinos)
- Un peixe (rape, merluza ou rodaballo)
- ou unha carne (solomillo ou entrecot de terneira)
- postres e viños albariño/rioxa
- Prezo: Oscila de 45 € a perto 70 ( se se queren o peixe e maila carne)
Celebración: calquer sábado do mes de xuño
Visita a web:http://www.nh-hotels.com/listapaises/sp/europa/espana/santiago_de_compostela/nh_obradoiro.html
Pazo de S. Lourenzo
O Pazo de San Lorenzo é un singular edificio situado no corazón de Santiago de Compostela. Fundado no século XIII, desde o século XV é propiedade dos Condes de Altamira. Acondicionado desde 1993 para acoller distintos actos de carácter social. Atópase rodeado por un bosque e unos espléndidos xardins totalmente amurallados, ocupando unha superficie que super os 40.000 m2. Este conxunto, incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional, aúna ó seu gran valor histórico, o tradicional encanto dos pazos galegos.
Proposta de menú
- Ragout de lubrigante
- merluza braseada (ou solomillo, se se prefire)
- e postre, con viños albariño/rioxa e licores
- Prezo: 78 € .
- Celebración: Soamente última sábado de maio
- Visita a web:www.pazodesanlorenzo.com e verás imaxes do pazo, do comedor e dos fantásticos xardíns nos que tomar un cóktel antes de pasar ó salón
Hostal dos Reis Católicos
Monumento emblemático de Santiago, o Hostal dos Reis Católicos, situado na Plaza do Obradoiro, forma coa catedral un magnífico ángulo de ouro que imprime beleza unha das capitales más visitadas do mundo. O Hostal, que naceú como Hospital Real en 1.499 para albergar a os numerosos camiñantes que se dirixían a Santiago. Considerado o hotel más antiguo do mundo, é tamén un dos más luxosos e belos. Posee catro claustros de inmensa beleza e un grandioso comedor.
Proposta de menú
- camaróns (40g), percebes (100g), ameixas (100g)
rape e solomillo de terneira,
postre, viños albariño/rioxa e licores
Prezo: 95 €.
Celebración: Calquer sábado de xuño
Visita a web: http://www.parador.es/castellano/paradores/album.jsp
Pódese ver o Salón Real, onde se faría o banquete, e outros espacios (capela, patios...), polos que nos permitirían facer un safari fotográfico, en www.parador.es . Nesta páxina están tódolos paradores de España, para ver o de Santiago hai que facer o mesmo que no NH.
En todos eles hai máis posiblilidades de menús (e precios), pero proporcionamos unicamente estes menús-tipo para que che sirvan de referencia á hora de decidirte por un deles, cunha advertencia previa: no primeiro e no último podemos facer a comida calqueira sábado de xuño, pero no segundo terá que ser o último sábado de maio, por estar ocupado xa todo o mes seguinte
Se antes do día 1 de decembro non expresas unha preferencia, entendemos que tanto che ten un sitio ca outro.
Esperamos pronto noticias túas. Saúdos cordiais.
Podes deixar o teu comentario.
Pincha en comments ou en publicar un comentario en la entrada e aparece unha ventá, marca a casilla de anónimo e deste xeito podes escribir o teu comentario que poderemos leer todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario