06 noviembre 2006

Xornadas sobre Estructuras na Paixase no Centro Galego de Arte Contemporánea

Felipe Criado fala sobre a paisaxe

O próximo martes, 7 de novembro, ás 8 da tarde, Felipe Criado, compañeiro noso de promoción, vai dar unha charla títulada "A paisaxe está dobremente estruturada: formas, espazos e conceptos", no seo dunhas xornadas sobre Estruturas na paisaxe (A polémica contemporánea entre a reterritorialización e a desterritorialización arquitectónicas) que do 7 ó 10 de novembro van ter lugar no CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA, de Santiago de Compostela.
A inscripción nas xornadas costa 12 € ( a quen lle interese pódenlle dar información en: Tel.: 981 546 623-02 / Fax: 981 546 605 e cgac.educacion@xunta.es), pero supoño que por asistir a unha soa charla non cobrarán nada, e menos se non se lles solicita certificado de asistencia ou créditos académicos.