18 diciembre 2006

Bon Nadal para todos

Xa chegou decembro soplando co vento polar, e o tempo do Nadal envólvenos con bos desexos, comidas diversas e as presas dos agasallos empezan a rondarnos.
Queremos aproveitar para desexarvós unhas felices festas e que as disfrutedes en amor en inmellorable compañía.


navidad, originally uploaded by Promoción do 82.


E non se nos pode esquecer informarvos dos resultados conqueridos sobre a elección do lugar da celebración do evento.

Finalizado o inquérito que se realizou ó longo do mes pasado sobre o restaurante preferido para a comida, o lugar escollido foi o Pazo de S.
Lourenzo. O resultado foi o seguinte:

Das 114 persoas consultadas, só 38 expresaron unha preferencia en particular, o resto dixo que tanto lle tiña ou non votou. Os que quixeron facelo, fixérono deste xeito:

Pazo de S. Lourenzo, 21 votos

Hotel NH: 11 votos

Hostal dos Reis Católicos: 6 votos.

De maneira que, en principio a camida terá lugar no escenario do pazo o último sábado de maio, salvo que quede libre algún sábado do mes de xuño (antes de fin de ano hano de saber), nese caso os xerentes comprometéronse a cambiarnos a data da celebreación para xuño.

Estamos cada vez máis pertos da data do encontro.