Para a celebración do 25 aniversario da promoción planeamos facer tamén, ademais da comida, algún acto académico, no que ademais da decana da Facultade, se dirixa a nós algún dos profesores que nos deron clase (para ofrecernos algunha lección maxistral ou algo así), pero temos que decidir a quen nos dirixir para preguntarlle se acepta participar nese acto.
De maneira que os organizadores pensamos dirixirnos a todos vós, para facer un pequeno e rápido inquérito para saber con cal vos gustaría que contáramos.
Polo que propoñemos que escollades tres da seguinte lista de profesores/as actualmente aínda en activo na USC e, por orden de preferencias, irémonos dirixindo a eles ata atopar a un/ha que acepte a nosa petición. É costume invitar a ese profesor/a á comida. Creo que poñendo un € ou dous máis cada un, entre todos pagamos o seu plato e máis os gastos do uso do Paraninfo (luz, seguridade...).
Acuña Castroviejo
Vázquez Varela
Fernando Alsina
Ermelindo Portela
Jiménez
Ofelia Rey
Ramón Villares
Marisa Sobrino
López Vázquez (Garabal)
Rosende
Alfredo Vigo
Sicart
García Iglesias
Manuel Núñez
Luis Hueso
Folgar
Romaní
Mª Luisa Pérez
Chantada
Outro/a (indicar nome, aínda que non estea en activo, tamén se lle pode dicir).
A ver se podedes contestar antes de 15 días.

No hay comentarios:
Publicar un comentario