12 febrero 2007

Entroido 1983


Entroido 1983
Originally uploaded by Promoción do 82.
Esta foto, foi enviada por Antonio Martínez Rey e foi tomada no
Entroido de 1983, cando boa parte da nosa promoción estaba rematando xa o CAP.

Nela están varios compañeiros e compañeiras que fixeron Historia contemporánea: Neves Rodríguez, á esquerda de todo, disfrazada de Groucho, Emilia Saavedra, no lado contrario, co bolso pendurado do brazo, Margarita Álvarez, arriba co abano na man e Salvador Santos e o propio Antonio Martínez, irrecoñecibles detras das máscaras de cura e calavera respectivamente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa á compañeira. Creo que todos nos alegramos.