A celebración do aniversario da promoción vai ser definitivamente o sábado, 26 de maio. Primeiro cun acto académico no Paraninfo da Universidade e logo cunha comida no pazo de S. Lourenzo. Calculamos que todos os gastos (xantar, convite ó profesor que imparta a lección maxistral, Decana, fotógrafo, recodo do evento e outros -comisións bancarias, imprenta, etc.-) poden andar polos 90 euros, depende un pouco de cantos sexamos ó final (en principio hai 132 persoas interesadas). Se pola noite organizamos algunha outra cousa, será entre os asistentes que se poidan quedar, pero deso falaremos máis adiante (e serán gastos a parte).
Vos informamos de que abríuse nun banco unha conta para poder afrontar os gastos que conleva a celebración do aniversario. O númcero de conta se vós enviará por correo.
Temos que facer un primeiro ingreso de 10 € para facer fronte á fianza que nos piden no pazo.
Pregámovos que fagades o depósito antes do 15 de marzo e, asimesmo, mandes unha fotocopia do resguardo, onde debe constar o teu nome e apelidos e no concepto de pago “aniversario da promoción de Historia” ó enderezo que se vos indicará. Este ingreso será considerado como confirmación da túa asistencia. Se ese día finalmente non vas poder vir ou cambiaches de opinión, con tal de que non ingreses aquela cantidade no prazo que se sinala, xa entendemos que declinas participar, sen que, por descontado, teñas que dar ningunha explicación.
Para calquer dúbida podechedevós en contacto con Xoán Mariño.
Xa queda menos para o día da troula.........