08 marzo 2007

PAZO DE SAN LOURENZO, 26 DE MAIO DE 2007

A celebración do aniversario da promoción vai ser definitivamente o sábado, 26 de maio. Primeiro cun acto académico no Paraninfo da Universidade e logo cunha comida no pazo de S. Lourenzo. Calculamos que todos os gastos (xantar, convite ó profesor que imparta a lección maxistral, Decana, fotógrafo, recodo do evento e outros -comisións bancarias, imprenta, etc.-) poden andar polos 90 euros, depende un pouco de cantos sexamos ó final (en principio hai 132 persoas interesadas). Se pola noite organizamos algunha outra cousa, será entre os asistentes que se poidan quedar, pero deso falaremos máis adiante (e serán gastos a parte). Vos informamos de que abríuse nun banco unha conta para poder afrontar os gastos que conleva a celebración do aniversario. O númcero de conta se vós enviará por correo. Temos que facer un primeiro ingreso de 10 € para facer fronte á fianza que nos piden no pazo. Pregámovos que fagades o depósito antes do 15 de marzo e, asimesmo, mandes unha fotocopia do resguardo, onde debe constar o teu nome e apelidos e no concepto de pago “aniversario da promoción de Historia” ó enderezo que se vos indicará. Este ingreso será considerado como confirmación da túa asistencia. Se ese día finalmente non vas poder vir ou cambiaches de opinión, con tal de que non ingreses aquela cantidade no prazo que se sinala, xa entendemos que declinas participar, sen que, por descontado, teñas que dar ningunha explicación. Para calquer dúbida podechedevós en contacto con Xoán Mariño. Xa queda menos para o día da troula.........


Abrimos este apartado para dar conta aos compañeiros de como van as xestións da organización do evento a mes de febreiro
Maís información sobre a foto no albúm na sección mirando o presente

A comida será o último sábado do mes de maio no Pazo de S. Lorenzo
O Pazo de San Lorenzo é un singular edificio situado no corazón de Santiago de Compostela. Fundado no século XIII, desde o século XV é propiedade dos Condes de Altamira. Acondicionado desde 1993 para acoller distintos actos de carácter social. Atópase rodeado por un bosque e unos espléndidos xardins totalmente amurallados, ocupando unha superficie que super os 40.000 m2. Este conxunto, incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional, aúna ó seu gran valor histórico, o tradicional encanto dos pazos galegos.

Visita a web:http://www.pazodesanlorenzo.com/

Actos a celebrar

Trala consulta realizada ós interesados en participar na celebración do aniversario da nosa promoción, os resultados foron os seguintes: Primeiro: Ramón Villares, con21 votos Segundo: Vázquez Varela ,con 12 votos, Terceiro: Xosé M. López Vázquez Garabal,con 11 votos. Nos próximos días habémonos de poñer en contacto co primeiro para intervir no acto cunha lección maxistral (ou algo polo estilo); se declinase participar, falaríamos cos demais, por esa orde, ata que xurda un que acepte e a quen, en agradecemento, invitaremos a xantar. Este acto académico terá lugar no Paraninfo da Universidade que, como saberedes, está na Facultade de Xeografía e Historia e nel intervirá tamén o Rector da USC (ou un vicerrector, na súa representación) e máis a Decana da Facultade, a quen, por cortesía, invitaremos ó xantar. Grazas a todos pola participación e as suxerencias feitas a propósito de dito acto, moitas das cales serán tidas en conta.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esperamos os vosos recordos: anécdotas da universidade, das excursións, das festas, fotos antigas, tamén actuais, para irnos recoñecendo, propostas para a celebraciós, etc

Anónimo dijo...

Saúdos a todos os compañeiros de promoción. Teño ganas de ver a algúns que non volvín a ver despois de acabar a carreira
Severino Fernández Abel