20 noviembre 2008

CINEFORUM: O NEIXÓN, HISTORIA VIVA DUN CASTRO

O venres, 21 de novembro, ás 19 h., a Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes, en colaboración co Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe, do Instituto Padre Sarmiento de Estudio Galegos (CSIC), organiza unha actividade de Cineforum, coa proxección o documental O Neixón, Historia viva dun castro, seguido da participación do arqueólogo Xurxo Ayán, que dirixiu a súa escavación, e dos autores do documental.
O acto terá lugar na Casa da Culura de Outes, no marco da Semana da Ciencia de Galicia 2008.

Xoán X. Mariño
Presidente da A.C.C. Terra de Outes