06 noviembre 2008

UN COMPAÑEIRO QUE NOS DEIXA O RECORDO

Prezados compañeiros/as:

Nesta ocasión escríbovos para comunicarvos a morte doutro compañeiro de promoción.

Trátase de Alexandre Vázquez, especializado en Historia Contemporánea e que daba clase na Universidade de Vigo (http://webs.uvigo.es/avazquez/index.htm). O seu triste falecemento produciuse por causas naturais na noite do sábado e foi soterrado o luns.


Se alguén desexa transmitirlle as súas condolencias á súa viúva, Blanca Martínez Domínguez, tamén compañeira nosa de promoción e, como él, licenciada en Historia Contemporánea, este ó o seu número de teléfono: 679.411.535.

Sinto non ter podido comunicarvos antes a noticia, por se alguén de vós houbese desexado acudir ao enterro, pero eu entereime hoxe mesmo.

Se credes na vida eterna, rezade unha oración por él, se non, adicádelle un minuto para recordalo mirando unha foto súa de cando estudiaba en Santiago e outra do aspecto que tiña o día da comida do aniversario da nosa promoción .
Unha aperta para todos.
(Xoán Mariño)

No hay comentarios: