Prezados amigos e amigas:
O próximo sábado, 22 de maio, o noso compañeiro de promoción Luis Martínez-Risco vai estar en Outes para inaugurar a exposición Europa en Vicente Risco . O acto, organizado pola ACC Terra de Outes, terá lugar ás 7 da tarde na Casa da cultura da Serra.
Se non tendes nada mellor que facer ese día, estades convidados a tomar uns viños e uns pinchos con nós, ao remate.
PROGRAMA
Sábado, 22 de maio, na Casa da Cultura da Serra:
Ás 7 da tarde: inauguración da exposición EUROPA
EN VICENTE RISCO, coa intervención do secretario da
Fundación Vicente Risco, Luis Martínez-Risco.
Ás 7.30: Conferencia UXÍO NOVONEYRA. O CANTO
DO CAUREL , a cargo da profesora Pilar Sampedro.
A continuación servirase un viño ós asistentes.
Xoán X. Mariño
