02 junio 2010

ENCONTRO EN OURENSE. PAZO DE SAN DAMÍAN

Prezados compañeiros:


A organizadora da comida da promoción este ano, Mª Cruz Bangueses, envioume un itinerario para chegar con maior facilidade, desde Vigo e desde Santiago respectivamente, ao lugar do encontro, que vos reenvío por se é do voso interese. É así:

-----------------------------------
Podedes facer esta ruta polo Google Maps ou no Google Earth
DIRECCIÓN DE VIGO A OURENSE POR AUTOVIA A MADRID. (Sen peaxe)

 Ao chegar á SAÍDA 241 tomar dirección PONTEVEDRA - CARABALLIÑO por N-541.

 Ao chegar a O VIÑAO , tomar desvío á dereita dirección AMOEIRO por OU-0524 ; son aprox. 6 Km por esta carretera ata saír ao Pazo de San Damián (Abruciños)

Duración estimada 1:00 a 1:15 minutos

DIRECCIÓN DE SANTIAGO A OURENSE POR AG-53. (Só ten a metade peaxe).


Ao chegar a SAÍDA 73 (Carballiño-Cea ) tomar dirección CEA a Ourense por carretera N-525

Ao chegar a TAMALLANCOS tomar desvio a man dereita dirección AMOEIRO  carretera OU-0524, está indicada a dirección ao Pazo de San Damián (Abruciños).

 Duración estimada 1:00 a 1: 15 minutos