Nunha paixase daqueles señores rememorados polo insigne Otero Pedrayo. No medio das vides, a sombra da frescura dos carballos e ao carón da pedra de canteria volvemos a lembrar que aínda seguimos no camiño.
Ilustres personaxes de distintas bisbarras acudimos a cita anual. Nas facianas de cada un deixase ver a ledicia do reencontro, que no ano vindeiro tera lugar polas costas verdescentes de Ribeira.
Que decirvos das esquesiteces saboreadas, das conversas compartidas e, sobre todo, dos amplos e variados coñecementos do noso compañeiro Hermida no campo da socioloxía do mundano.
En fin, momentos para a lembranza e quedando a espera de que outro ano poidamos desfrutas de tan singular acontecemento.

