24 enero 2011

Margarita Vila da unha conferencia na nosa Facultade

A profesora Margarita Vila é unha das máis destacadas figuras da promoción de Xeografía e Historia do 82.


Despois de dar clase de Arte na nosa Universidade, marchou a América polo seu matrimonio cun boliviano. E alá dá clase na Universidade de La Paz desde fai case 20 anos.

A súa disertación sobre A arte virreinal e as súas relacions coa arte medieval europea escoitouse con pracer e a admiración que se sente por quen é unha fonte inesgotable de coñecementos.





Ao remate da súa charla quixo fotografiarse con Xoán Mariño e Eusebio Rey, con quen tivo amizade durante a carreira e que acudiron a saudala despois de tantos anos.