Prezados amigos e amigas:
Unha compañeira da promoción de Historia do 82, Olga Casal, está ao cargo dun curso de Protocolos organizado pola Universidade da Coruña que me roga difundir, por se é do interese dalgún de vós.
Nace na Universidade da Coruña un programa formativo pioneiro, un título propio de postgrado, orientado a coñecer as principais ferramentas de construcción da imaxe corporativa: o protocolo e a comunicación, como vehículos transmisores da identidade, os valores e a filosofía das organizacións. Este curso, destinado a complementar a formación de empresarios, profesionais e estudiantes, sentará as bases para aprender a xestionalos.
Máis información:http://www.protocoloudc.blogspot.com/
http://www.protocoloudc.blogspot.com/
ProtocoloUDC@gmail.com