10 febrero 2011

Gonzalo Meijide Cameselle da un charla sobre a cultura castrexa

O próximo sábado 26 de febreiro, un dos membros da nosa promoción  Gonzalo Meijide Cameselle, que actualmente é Arqueólogo do Departamento Territorial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, vai dar unha charla sobre O castro de Formigueiros (Samos, Lugo): unha imaxe diferente da arte e arquitectura castrexa.
Arqueólogo en Lugo da Consellería de Cultura e membro da comisión territorial del Patrimonio Histórico de Lugo desde 1989.


Realizou investigacións e publicacións sobre a Idade de Bronce e a Cultura Castrexa.  Autor do libro: " Las Espadas Del Bronce Final En La Pen.iberica"  publicado en 1988 pola Universidade de Santiago. Paticipou en distintos proxectos arqueolóxicos: Buchería da Catedral de Santiago de Compostela, Castro dá Graña e Vila Romana, e necrópole do Bronce Inicial do Agro de Nogueira (Toques, A Coruña), Termas de Lugo e Castro de Formigueiros (Samos, Lugo).
Se vos apetece pasar a saudalo, o acto vai ter lugar ás 19:30 no Centro Arqueolóxico do Barbanza, a carón do castro de Neixón (Cespón-Boiro).

Xoán X. Mariño