A suxerencia de Mª Cruz Bangueses, os organizadors da reunión deste ano en Ribeira, consideran oportuno aceptar a presencia de conxuxes/parellas en todas as actividades que se vaian realizar, posto que nesta ocasión o programa é para un día enteiro e máis unha noite e desta forma evítanse conflictos domésticos. Ou simplemente, apetecéndolle quedar a un/unha para o baile, así non ten por que deixar á esposa/marido/parella sóa na casa. De todos os xeitos, quen non desexe traer compañía, non está obrigado/a a facelo.
Un saúdo e ata moi pronto.
Xoán Marinho. Outes, 11 abril.