26 abril 2011

28 de maio 2011, XUNTANZA EN RIBEIRA (A CORUÑA) DA PROMOCIÓN



Estimados compañeiros e compañeiras:

Como todos os anos, desde o XXV aniversario, imos celebrar unha nova reunión de todos  aqueles membros da nosa promoción a quen lles apeteza e poidan asistir.

Nesta ocasión ocúpase da organización Juan Carlos Hermida e vai ter lugar en Ribeira (A Coruña), de novo o último sábado de maio, día 28.

Esta vez Juan Carlos propón un programa máis variado, con comida, paseo en barco pola ría de Arousa e cea. Os que desexen asistir poden escoller entre comida ou cea, apero tamén se poden apuntar a ambas.



 
 
 
 
 
 
 
O percorrido marítimo será pola tarde a el pódense sumar tanto os que viñeran á comida e non vaian estar á cea, como os que teñan previsto asistir unicamente á cea. En todo caso, non é obrigatorio embarcar a ninguén que se maree.



Ademais o organizador ten preparadas algunhas sorpresas no transcurso de cada banquete.

Para os que se queiran quedar á noite a bailar, Juan Carlos encárgase tamén de buscar un hoteliño cuxo precio ronde os 25 € a noite.
Se desexades acudir, cómpre que mandedes a confirmación non máis tarde do día 20 de maio e se alguén quere que lle reserven habitación, sería convinte que avisase cunha antelación de 15 días.
Conmemoración do XXX aniversario da nosa Promoción no 2012

Ese mesmo día, tal como acordamos na nosa última reunión, imos debatir acerca da conmemoración do XXX aniversario da nosa Promoción, que terá lugar o próximo 2012. Aquel día, en Ourense, houbo adhesión unanime á idea de levar a cabo a celebración nun país extranxeiro, polo que, se pide, tanto a todos os que vaian acudir a Ribeira, a aportación de propostas para a súa discusión, así como do calendario. Se alguén tivese algunha preferencia en canto destinos e épocas para realizar a viaxe, sería convinte que trouxese a súa proposta medianamente elaborada en referencia a lugares, días, prezos e posibles visitas e desprazamentos.
Se se dese o caso de que algunha persoa non vaia poder estar en Ribeira este ano, pero desexa participar no XXX aniversario, pódenos facer chegar a súa opinión para o seu debate. Neste mesmo blog podedes engadir os comentarios que consideredes oportuno sobre este tema.
Agardando que sexan do voso interese tanto unha como outra proposición, mándavos un cariñoso saúdo:

Xoán X. Mariño