Compañeiros, o vindeiro 28 de maio temos un cita en Ribeira. O encargado da organización do evento, Xoán Carlos Hermida, comunícanos que o restarurante elexido para o encontro é o Gourmet de Aljan, fronte a Comisaría de Policía.

MENU
Entrantes variados,
Parrillada de peixe fresco,
Postre,
Viño, café e chupiños.
35 € por persoa.
Pola tarde, os que queiran disfrutar da fermosa paisaxe da ría, terán a oportunidade de disfrutar dun paseo en barco que nos levará a illa de Sálvaora. O noso compañeiro xeógrafo Xosé Fernández Pazos, autor de
Sálvora: Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel, será o noso de guía nesta excursión e nos deleitará co coñecemento das historias agochadas no fondo da ría. Para unha maior ambientación para o paseo, podedes mirar esta noticia no Pais.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Titanic/Salvora/elpepiautgal/20110301elpgal_18/Tes
A viaxe en barco pola ría ten un duración aproximada de 2 horas (20 €)
Para facilitar a xestión dos custes deste evento, abriuse un conta no Banco Pastor co número:
0072/0127/05/0000207729
Así quen vaia vir só á comida, ten que ingresar os 35 €, antes de 10 días. Os que vaian viaxar en barco deben ingresar 20 € máis por persoa.
Nos vemos en Ribeira.