
Algúns puidemos rematar este día cun paseo pola ría. Así 12 elexidos, pois a embarcación non tiña máis prazas, surcamos os mares en busca de aventuras ata a illa de Sálvara. Pepe, o noso compañeiro aborixen de Palmeira, foi o guía. Partimos desde o porto de Aguiño nunha motora de 300 cabalos que nos levou volando polas augas da ría. Por momentos parecíamos 12 a cabalo na procura da illa do tesouro.
Houbo momentos de indecisión ante a posibilidades de abordaxe por unha embarcación pirata. Momentos tensos pola aproximación por proa. O vento non nos era favorable.
A tripulación femenina movilizouse dispota a lanzarse auga ante o temor de ser raptadas. Pepe fixo o chamamento a calma, pois a súa experiencia decíalle que tales prácticas estaban esquecidas.

Non obstante, tendo en conta os tempos de crise, fixo un discurso vibrante sobre as súas andanzas na ría deixando patente o seu poderío nestas auga das que era dono é señor.
Na foto o momento en que a tripulación dixida polo capintán de navio Pepe, brazos en alto e a ritmo de muñeira, fixo que os perigosos piratas se afastaran.
Por fin, o brunete Severino xunto co seu compañeiro Ramón, berran de xeito desaforado as máxicas palabras para todo mariñeiro farto de auga:
¡¡¡TERRA!!!,
¡¡¡¡TERRA!!!!
Ledos todos, os nosos corazóns dubidaban. Houbo máis dun que sintiu un escalofrio polo corpo ao darse conta que alguen o estaba esperando facia bastante tempo. Ali estaba a realidade na súa soedade, muda e conservando a súa natural beleza nun fermoso paraxe. Máis dalgún non lle importaría quedar esquecido co pensamento pousado naquela silueta de formas pétreas de beleza imaxinada, eso sí, co necesario para estas circunstancias e as propias dun paraiso vikingo.
En fin, un día para non esquecer e volver a repetir con mais tempo e sen o estres que produce unha champion Li na que o Barça gaña, en tanto os do deportivo, xa na segunda, suspiran por recencontrarse co celtiña, que non sabe si subir a primeira.
Para o ano, parece que todos para Portugal pois a crise recortounos as posibilidades de perdernos por outros lares. Así todos arrimadiños non temos disculpa posible para volver a disfrutar doutra xuntanza nas terras lusitanas, máis alá do do río do esquecemento para maior disfrute nos tempos que nos toca vivir.