O sábado, 2 de xullo, o compañeiro da nosa promoción do 82 de Xeografía e Historia, Xosé Álvarez Castrelo, presenta un novo libro: Nacer, crecer e morrer en Palmeira. Xenealoxías dun pobo. 1500-200
O acto tivo lugar na sociedade Hijos de Palmeira, na localidade de Palmeira (Ribeira-A Coruña), de onde é natural o noso amigo.
O tamen noso compañeiro, Xoán X. Mariño, participou neste acto facendo unha pequena reseña sobre o autor do libro.
Na foto temos a Xoán Mariño xunto co autor Xosé Álvarez Castrelo "Pepe de Palmeira". Foto tomada de La Voz de Galicia o martes 5 de xullo)
Con esta noticia queremos deixar constancia da presencia ininterrumpida da promoción de Historia e Xeografía do 82 nos medios de comunicación, dando mostras permanentes das múltiples iniciativas dos historiadores e xeógrafos da nosa promoción, o que a fai única e irrepetible.