Abrimos este apartado para dar conta aos compañeiros de como van as xestións da organización do evento a mes de febreiro

A comida será o último sábado do mes de maio no Pazo de S. Lorenzo
O Pazo de San Lorenzo é un singular edificio situado no corazón de Santiago de Compostela. Fundado no século XIII, desde o século XV é propiedade dos Condes de Altamira. Acondicionado desde 1993 para acoller distintos actos de carácter social. Atópase rodeado por un bosque e unos espléndidos xardins totalmente amurallados, ocupando unha superficie que super os 40.000 m2. Este conxunto, incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional, aúna ó seu gran valor histórico, o tradicional encanto dos pazos galegos.
Visita a web:http://www.pazodesanlorenzo.com/
Actos a celebrar
Trala consulta realizada ós interesados en participar na celebración do aniversario da nosa promoción, os resultados foron os seguintes: Primeiro: Ramón Villares, con21 votos Segundo: Vázquez Varela ,con 12 votos, Terceiro: Xosé M. López Vázquez Garabal,con 11 votos. Nos próximos días habémonos de poñer en contacto co primeiro para intervir no acto cunha lección maxistral (ou algo polo estilo); se declinase participar, falaríamos cos demais, por esa orde, ata que xurda un que acepte e a quen, en agradecemento, invitaremos a xantar. Este acto académico terá lugar no Paraninfo da Universidade que, como saberedes, está na Facultade de Xeografía e Historia e nel intervirá tamén o Rector da USC (ou un vicerrector, na súa representación) e máis a Decana da Facultade, a quen, por cortesía, invitaremos ó xantar. Grazas a todos pola participación e as suxerencias feitas a propósito de dito acto, moitas das cales serán tidas en conta.
2 comentarios:
Esperamos os vosos recordos: anécdotas da universidade, das excursións, das festas, fotos antigas, tamén actuais, para irnos recoñecendo, propostas para a celebraciós, etc
Saúdos a todos os compañeiros de promoción. Teño ganas de ver a algúns que non volvín a ver despois de acabar a carreira
Severino Fernández Abel
Publicar un comentario