18 abril 2011

Presentación do libro "Cuando las derrotas otorgan la victoria."

O vindeiro martes 26 de abril, ás 19.00 horas na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar a presentación do libro "Cuando las derrotas otorgan la victoria. Batallas perdidas de un capitán de la Unión Militar Democrática", de Xosé Fortes Bouzán, marido da nosa compañeira de promoción Mª Carmen López Hermida.

Neste acto o autor estará acompañado por Lourenzo Fernández Prieto, Director do Departamento de Historia Contemporánea da USC, Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega e Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da R. Academia Galega.

Arrogándome a representación da nosa compañeira, invítovos á presentación do libro
Agardamos que esta información sexa do voso interese

Un cordial saúdo,

Xoán X. Mariño